TRABALLOS REALIZADOS

Neste apartado poderás ver unha parte dos diferentes tipos de traballos que levamos executado. Xelda Eido Rural desenvolve o seu traballo con clientes particulares, empresas, asociacións, Grupos de Desenvolvemento Rural, Concellos e outras administracións públicas.

Desenvolvemento Rural


Folleto do Camiño de Santiago Concello de Triacastela

Pequeno pasquín que describe o Camiño de Santiago ao seu paso polo concello de Triacastela. Inclúe plano do camiño no que se recollen os lugares de interese que se atopan preto do camiño. Versión bilingüe galego - inglés.


Guía dos recursos Patrimoniais do Concello de O Incio

Libro no que se recollen os recursos patrimoniais do Concllo de O Incio, dende o Patrimonio Arqueolóxico, Etnográfico, Arquitectónico ate o Natural. Os bens recollidos xeorreferenciaronse para facilitar o acceso ás visitantes.

Acompáñase dun plano en gran formato que recolle todos os bens identificados.


Guía Turística e Patrimonial da Comarca de Sarria

Guía de pequeno formato na que se fai unha breve descrición dos sete Concellos que conforman a Comarca de Sarria e se recollen os bens patrimonias que teñen un maior interese para as visitantes, xeorreferenciados e na que se inclúe unha breve descrición.


 

Construcións Agrogandeiras

En Xelda realizamos proxectos de todo tipo relacionados coas actividade agrogandeiras, dende a idea inicial, redacción do proxecto, dirección de obra, ate o remate final.

Asesoramos ao noso clientes aportando solucións técnicas e constructivas que faciliten o proceso produtivo e a realización das obras.


Obra Civil:

Realizamos proxectos e memorias para o deseño de espazos verdes, áreas recreativas, ... Neste tipo de traballos temos en conta o emprazamento á hora da elección de materiais e especies vexetais, xestionando espazos ambientalmente sustentables que minimizan as necesidades de mantemento e coidados.


 

Formación


Desde Xelda realizamos formación específica adaptada ás necesidades das entidades asociativas e Concellos, dispoñendo dun Catalógo de formación no que se incúen algunhas das actividades formativas que desenvolvemos, como a poda de froiteiras, prantas que curan prantas, conservas de vexetais,...

Deixámosvos un enlace ao catálogo: