Dende o rural, para o rural

ENXENERÍA, GANDERÍA E DESENVOLVEMENTO RURAL

Xelda Eido Rural nace a finais do 2008 desde o rural e para o rural.

Contamos cun equipo multidisciplinar e especia­lizado nos servizos de enxeñería, xestión agro­gandeira e desenvolvemento rural, prestando así un servizo integral a todas aquelas persoas e entidades que realizan as súas actividades no medio rural, tanto públicas como privadas, poñendo especial énfase nas súas necesidades e oportunidades.

Asemade procuramos a dinamización do medio rural mediante a estimulación e a creación de novas iniciativas económicas, realizando o deseño de proxectos innovadores, sustentables e transversais que promovan un verdadeiro desenvolvemento rural.

Traballamos tamén na mellora dos servizos e infraestruturas existentes no territorio mediante o traballo coa poboación que reside nas zonas rurais, coas administracións públicas e outros axentes implicados co rural.