Neste apartado poderás ver unha parte dos diferentes tipos de traballos que levamos executado.
En Xelda Eido Rural desenvolvemos o noso traballo con clientes particulares, empresas,
asociacións, Grupos de Desenvolvemento Rural, Concellos e outras administracións públicas.



Folleto do Camiño de Santiago Concello de Triacastela

Pequeno pasquín que describe o Camiño de
Santiago ao seu paso polo concello de Triacastela.
Inclúe plano do camiño no que se recollen os lugares
de interese que se atopan preto do camiño.
Versión bilingüe galego - inglés.

prev next
prev next



Construcións Agrogandeiras

En Xelda realizamos proxectos de todo tipo
relacionados coas actividade agrogandeiras;
dende a idea inicial, redacción do proxecto,
dirección de obra, ata o remate final.

Asesoramos os nosos clientes aportando
solucións técnicas e constructivas que faciliten
o proceso produtivo e a realización das obras.


Guía dos recursos Patrimoniais do Concello de O Incio

Libro no que se recollen os recursos patrimoniais do Concello de O Incio, dende o Patrimonio Arqueolóxico, Etnográfico, Arquitectónico ata o Natural. Os bens recollidos xeorreferenciáronse para facilitar o acceso
ás visitantes.

Acompáñase dun plano en gran formato que recolle
todos os bens identificados.

prev next
prev next



Proxecto de rehabilitación de Museo de Maquinaria Agrícola

Proxecto de rehabilitación de edificacións tradicionais galegas de muros de mampostería de pedra con cubertas
de pizarra. Rehabilitación enmarcada dentro das accións impulsadas polo PDR de Galicia e o GDR da Terra Chá,
para a que se proxecta a actividade de museo agrícola expoñendo pezas singulares da vida rural da zona.


Guía Turística e Patrimonial da Comarca de Sarria

Guía de pequeno formato na que se fai unha
breve descrición dos sete concellos que conforman
a Comarca de Sarria, e no que se recollen os bens patrimonias que teñen un maior interese para as
persoas visitantes, xeorreferenciados e incluíndo
breves descricións de cada un.

prev next
prev next





Ampliacións Industriais

Desenvolvemos proxectos de enxenería coma este
de ampliación dunha fábrica de pensos no Polígono Industrial de Meira, con engadido de zona de
moedura 
para a certificación IXP Pan Galego.



Obra Civil

Levamos a cabo proxectos e memorias para
o deseño de espazos verdes, áreas recreativas...

Neste tipo de traballos temos en conta
o emprazamento á hora da elección de
materiais e especies vexetais, xestionando
 espazos ambientalmente sustentables que
minimizan necesidades de mantemento e coidados.

prev next
prev next


Formación específica

Ofrecemos formación específica adaptada ás necesidades das entidades asociativas e concellos. Dispoñemos dun catalógo de formación no que se incúen algunhas das actividades formativas que desenvolvemos, como a poda de froiteiras, prantas que curan prantas, conservas de vexetais... que se pode consultar no seguinte enlace: